COUTO MIXTO LAMADARCOS MANDIN
UM POVO UMA FALA
NOVA MIXTURA DE VINHO E POESIA (Mandin-Lamdarcos)
Unha boa nova para os amantes da ADEGA DO COUTO MIXTO:
Na próxima campanha contaremos coas uvas, se a seca non o impide, da vinha de D.Agustin de Vilardevós (no Castelo), que xa foron podadas en tempos por o meu avó “O Salgheiro” e polo propio “Beche” pai do propietario da finca “Domingos da Teresa”. Vinho que levará na sua esencia os arrecendos de moitas xeracións de labregos de Mandin que deixaron o seu sudor e a súa sabedoría.
Vinha do Castelo con vistas a raia: vilarelho, vilarinho, vilamea, vilaverde, vilafrade, vilela, vilaperdizes, vilapouca, e moitas mais vilas e vilelas
E un bom vinho pede un bom escenario; que melhor que cantando un novo cancioneiro do noso amigo João Antonio, pendurando da outra man unha xerra de vinho:
(UMA ENCOMENDA DA ERA DE 1993
ESTAVA ALEIJADO DE UMA PERNA)
Já que assim o quereis ouvir,
A vida que vos vou contar,
E já desde o nascimento,
se tiver paciencia e tempo,
Se agora aqui me lembrar.
Eu nasci tão infeliz
Desta me posso queixar,
Nao sei o mal que a Deus fiz
Dá para torcer o nariz,
A quem me anda a castigar.
Já estou farto de sofrer
E de tanto mal sentir,
Se não custasse a morrer eu fazia-o
Com prazer que teria de a morte pedir.
Já depois de entrar na escola,
A desgraqa me cobriu
Sem saber tocar viola, talvez por ser
Gabarola uma vista me fugiu.
Eu ao ver-me assim perdido
Dizia mal da minha sorte,
pedía a deus por castigo
já que de mim não era amigo
que até me manda-se a morte.
Mas ali nao fui ouvido
Nem ele me quis atender,
Disse-me baixinho e em segredo
Terás tempo de morrer.
Por enquanto cá andamos,
Lutando mas não sei como.
Trabalhando bem ou mal para
Manter o próprio dono.
Já estou devedor á terra
E a terra me está a dever.
Que a terra me pague em vida,
Que eu pago á terra ao morrer.
Do tempo da mocidade que
Nem me dá para contar,
Frio, fome, infelicidade, para não fugir
Á verdade eram o prato do jantar.
JOÃO ANTONIO AIRES (Lamadarcos)
Autoria e outros dados (tags, etc)
VILLA ROMANA DE MOREIROA: a caminho de Mandin e Lamadarcos.
Cando os romanos chegan as veigas do Támega, deciden darlle a Aquæ Flaviæ (Chaves) a categoría de municipio e centro de decisión para toda a comarca. Situada estratexicamente entre Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) no cruzamento da via XVII polo rio Tâmega, vai ser a civitas de referencia para tódolos castros espallados ao longo da ribeira do río Támega.
CHAVES - 
Logo de caminho val arriba pola veira esquerda, tópanse coa ribeira do righeiro do Soldan, e deciden vadear polas poldras de Lamadarcos caminho de Mandin. Aínda sendo un paso natural, seguramente tiveron que facer unha ponte de pouca altura pero bastante cumprida, dado que a veiga no inverno asolagase, tal vez tenha o nome de Lama d’arcos algo que ver con esta situación, e tal vez o orixe desta poboación tenha que ver con dita ponte, caminho de paso a Chaves, centro político i económico.
O caminho antiguo dos castreños que vinha de Mourazos e Tamaguelos, pasa polo Atallo, Alto do Lughar, Currizas, cruza o regheiro, sube ao castro de mandin (Castelo), baixa ate Moreiroa, collendo dirección Lamadarcos para Chaves.
PONTE LAMDARCOS (http://historiasdaraia.blogspot.com.es/2 009/01/lamadarcos-e-os-povos-promscuos.h tml)
Valerio, colono romano propietario destas terras, na procura dun asentamento estratéxico que lle permita explotar as fértiles terras, e ao mesmo tempo estar comunicado coa capital do municipio, decide fundar a súa Villae en Moreiroá.
Dende Moreiroá divisase un amplo territorio ate os montes da veira dereita do Tamega (Outeiro Seco, Vilamea, Vilafrade, Vilarinho, Vilarelho, Rabal, …) tamén se pode intuír Lamadarcos, e incluso Chaves.
As terras elexidas están reghadas polo regheiro que ven do Pousadoiro e do Burato, e que en primavera axuda a inundar Valdeporco, Carreghal e as Pozas, para desaugar no Támega pasando pola Cortinha do Muinho e a Lama...
VISTAS MOREIROA
Ate aquí a minha imaxinación, agora as probas (colaboración especial de Xico de Mandin, de Adegas Couto Mixto e da Taberna do Xico, promotor do ideario do couto mixto lamadarcos-mandin, e da recuperación e conservación da nosa historia da raia seca):
TABERNA XICO
-orais: de sempre falouse de que en Moreiroa houbo un asentamento antigo de onde se reutilizaron pedras de todo tipo e se toparon restos diversos.
-restos arqueolóxicos: tégulas, argamasas, cerámicas, restos de columnas, moedas, pozo, etc.
RESTOS ROMANOS
-situación física: terreo situado ao carón do caminho que vai a Lamadarcos e a Chaves, con lixeira pendente non inundable e con amplísimas vistas, ao carón de un regheiro de abundante auga que rega unha terra moi fértil onde abundaría o cultivo dos vinhedos.
VINHEDOS ROMANOS
Uma villa romana
(http://algarvivo.com/arqueo/romano/villa-r
http://algarvivo.com/arqueo/romano/villa-r

era uma moradia rural, cujas edificações formavam o centro de uma propriedade agrícola. Estas villae poderiam ser construídas em pequenas fazendas, dependentes do trabalho familiar, ou em grandes propriedades, com trabalhadores escravos.
A partir do século II a.C., as vilas, cada vez mais sofisticadas e elegantes, eram construídas, frequentemente, em torno de um pátio e eram localizadas de forma a integrar-se na paisagem. Com o passar dos tempos, começaram a ser edificadas como casas de campo para os ricos, sendo cultivadas por arrendatários ou sob supervisão de um administrador (vilicus). As moradias do estilo das villas espalharam-se pelas províncias romanas.
Durante o século IV, com o declínio do poder imperial de Roma, a civilização do tipo urbano descentraliza-se para as villae, sedes de grandes latifúndios e centros de poder político, económico e religioso.
Em tempos pós-romanos, a casa senhorial e a propriedade rural (e seus equivalentes em outros lugares na Europa ocidental) substituíram a vila e suas propriedades.
Villae: pequenos povoados rurais, agrícolas, que podiam abrigar uma ou dezenas de famílias, eram constituído por uma pars rústica e uma pars urbana. As villae tinham uma especialização em produtos agrícolas ou piscícolas, tais como o vinho, o garum, o oleum.
Castelum : este tipo de povoado foi concebido pelos romanos aproveitando-se os oppida anteriores, e reorganizando-os como posto militar. É errôneo considerá-los como simples oppida. Pode se considerar como um acampamento militar. É o mesmo que castrum ou castro.
Autoria e outros dados (tags, etc)
RECOMPILACIÓN DE NOMES VERNÁCULOS DE FAUNA (MANDIN) Xosé Ramón Reigada
RECOMPILACIÓN DE NOMES VERNÁCULOS DE FAUNA (MANDIN)
Xosé Ramón Reigada
http://verin-natural.blogspot.com.es/p/p
“Imos presentar aquí unha escolma de nomes vernáculos de fauna recadados pola comarca de Monterrei e a região do Alto-Tâmega, incluíndo zonas limítrofes. Estas designacións foron recollidas preguntando directamente a persoas de idade avanzada e vencelladas principalmente aos traballos do campo. Moitas grazas e muito obrigado a todos pola atención prestada. A meirande parte destes nomes vernáculos foron recollidos polo ornitólogo galego Cosme Damián Romai Cousido. Moitas grazas polo labor.”sic.
Un dito recollido en Mandín (Verín) sobre o Cuco di: San José dalle a fala e San Pedro sácalla
Segundo nos contou o Tío Gherardo de San Cibrao, di que o Gharallo é o mesmo páxaro có Cuco, que cando vén non sabe cantar poque vai frío e entón 'gharalla', despois cando chega o bo tempo xa sabe cantar ben e entón fai "cucú-cucú-cucú"
Nas localidades do Riós cando vían unha Doniña dicíanlle así:
Doniña bonita
cazola queimada
mataches o home
coaquela machada
ESCOLMA DOS PROCEDENTES DE MANDIN:
|
Gharza |
Ardea cinerea |
|
Ghabilán |
Accipitridae |
|
Ghabilán pequeno |
Falco tinnunculus |
|
Pita de auga |
Gallinula chloropus |
|
Pernileiro |
Burhinus oedicnemus |
|
Arieiro |
Charadrius dubius |
|
Avefría |
Vanellus vanellus |
|
Rola |
Streptopelia turur |
|
Carreo |
Clamator glandarius |
|
Moucho |
Strix aluco |
|
Bufo |
Bubo bubo |
|
Cruruxa |
Tyto alba |
|
Moucho |
Athene noctua |
|
Noitevoar |
Caprimulgus europaeus |
|
Vencello |
Apus apus |
|
Pito verdieiro |
Picus viridis |
|
Fura pao |
Dendrocopos major |
|
Pica pau |
Dedrocopos major |
|
Cutuluvía |
Lullula arborea |
|
Anduriña |
Hirundo rustica |
|
Pío |
Anthus spp |
|
Brandisa |
Motacilla alba |
|
Lavandeira |
Motacilla alba |
|
Vaqueira |
Motacilla flava |
|
Carriza |
Troglodytes troglodytes |
|
Ruiseñor |
Luscinia megarhynchos Castelanismo |
|
Rusinol |
Luscinia megarhynchos |
|
Tanxo |
Oenanthe oenanthe |
|
Pedreiro |
Oenanthe oenanthe |
|
Tordo do país |
Turdus philomelos |
|
Torda real |
Turdus viscivorus |
|
Merla |
Turdus merula |
|
Cheda |
Sylvia undata |
|
Foleca |
Sylvia atricapilla |
|
Fuleca |
Sylvia atricapilla |
|
Trallón |
Ficedula hypoleuca |
|
Ribideira |
Certhia brachydactyla |
|
Cascarrollo |
Lanius senator |
|
Picanzo |
Lanius meridionalis |
|
Pegha |
Pica pica |
|
Ghaio |
Garrulus glandarius |
|
Estornino |
Sturnus unicolor |
|
Papafigos |
Oriolus oriolus |
|
Pintasilgo |
Carduelis carduelis |
|
Verderol |
Carduelis chloris |
|
Naviñeiro |
Carduelis cannabina |
|
Ourizo cacheiro |
Erinaceus europaeus |
|
Doniña |
Mustela nivalis |
|
Tenxugho |
Meles meles |
|
Rabisaco |
Martes martes |
|
Murocegho |
Pipistrellus pipistrellus |
|
Salamántigha |
Salamandra salamandra |
|
Salamantra |
Salamandra salamandra |
|
Sapa |
Alytes obstetricans |
|
Ran |
Pelophylax perezi |
|
Viberón |
Chalcides striatus |
|
Lagharta |
familia Lacertidae |
|
Ladra |
Tarentola mauritanica |
|
Cobra |
familia Colubridae |
|
Alacraio |
Buthus occitanus |
Agradecer o trabalho realizado por Xosé Ramón Reigada e cía, e animar aos vecinhos do Val do Támega tanto dun como do outro lado da fronteira, é mais en concreto aos de Mandin e Lamadarcos, a colaborar na recuperación dos nomes vernaculos da nosa fauna e flora (aínda estamos a tempo)
Blog moito interesante de onde tiro a foto do cuco: PAXARADA de Juan Vilariño:
Autoria e outros dados (tags, etc)
O TEIXO O AMIEIRO O SALGUEIRO O FREIXO O BIDUEIRO mais o carrapito
Quero destacar este trabalho que por ser tan didáctico e práctico resultoume moi doado de seguir e recordar vagas imaxes da nenez, que toman forma neste MINI ATLAS XEOBOTANICO DE GALICIA, cheo de sabiduría popular que no meu tempo non soubo ou on se quixo transmitir (meus parabens a autora do traballo Mª Jesús Mourazos González):
O TEIXO (Teixugueira?)
son uns dos avós da Natureza, pois poden acadar máis de 1000 anos de idade. Aínda que deberon ser moi abundantes no pasado dada a súa presenza nos nomes de lugar, actualmente quedan poucos exemplares, polo que necesitan protección. En Galicia soamente atopamos un teixedal, o de Casaio, con exemplares centenarios impresionantes.
Precisamente con veleno de teixo conta a tradición que se suicidaron os nosos devanceiros no monte Medulio (quizais no Courel) antes de entregarse á dominación romana do emperador Augusto.
AMIEIRO, AMENEIRO, ABENEIRO. (as folhas dabanselhe os porcos)
A “árbore das canles dos ríos”, presente en Galicia desde hai milleiros de anos, segundo as lendas, é unha das árbores usadas para gardar tesouros e tamén é a árbore das máscaras do Entroido ourensán.
ten orixe prerromana, paleoindoeuropea a partir da partícula Am – “canle, canal,” á que posteriormente se engadiría o sufixo latino –AIRO.
O SALGUEIRO (o meu avó Salgueiro)
O nome de salgueiro vén do seu nome latino SALICARIO, que a súa vez derivaría do nome común SALIX + ARIU – co significado de lugar con SALIX. Segundo outros autores o nome de SALIX sería de orixe celta e derivaría de sal (próximo) e lis (auga), aludindo a tendencia destas árbores a estar na ribeira das augas doces.
As propiedades medicinais dos salgueiros son de todos coñecidas, pois é da súa cortiza da que se obtivo orixinariamente a salicilina, da que deriva o ácido acetil-salicílico da aspirina.
O FREIXO (madeira dura para os carros)
no agro galego tíñana en moita estima para fabricar distintas partes do carro, como o seu eixo ou mangos de instrumentos e aínda hoxe en día emprégase para facer partes curvas de mobles e barcos.
O nome de freixo provén do latín FRAXINUS, que da nome o xénero. A súa vez FRAXINUS era o nome que empregaban os romanos para esta árbore e parece derivar do grego “PHRAXIS” – sebe, cerca, nome que lle vén por ter sido empregada esta árbore nas sebes.
BRUÑEIRA, ABRUÑEIRO, AMEIXEIRA BRAVA (tamén Carrapito en Mandín)
Os bruños son os irmáns silvestres das coñecidas ameixas, máis téñense en gran estima, sobre todo en Navarra, onde se empregan para a elaboración do coñecido licor “Patxarán”.
O nome de bruñeiro provén dun derivado da palabra latina que da nome ao froito PRǓNU “ameixa” , * PRǓNĚU + o sufixo – ARIU/-ARIA.
O BIDUEIRO (o famoso bidueiral de san mamede)
No campo utilizábase a súa madeira adoito para as pezas do arado romano, xugos ou lareiros (usados para sacudir os froitos de castiñeiros). Actualmente aínda elabóranse con ela zocas e algún instrumento de labor, así coma contrachapados ou as máscaras do Entroido.
A palabra bidueiro vén do latín BETŪLARIO, que parece ser que era unha adaptación do nome céltico da árbore Betu.
(http://www.vexetaciondegalicia.es/index.h
Esta web foi realizada durante o periodo dunha licenza de estudos retribuída pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, entre os meses de marzo a xuño de 2010. Realizada por Mª Jesús Mourazos González.
Autoria e outros dados (tags, etc)
O REINO DE GALIZA: 711-910
O REINO DE GALICIA ENTRE 711 - 910
1º.- os termos "reino de Asturias" ou "reino asturleonés" úsanse para definir a evolución da Gallaecia entre o ano 711 e o 910.
2º.- "reino de León" sería o reino de Galicia entre o 910 e 1230. Confundindo a sede rexia coa denominación de todo o reino, que seguía a ser Galicia, a historiografía española crea un reino en León cando esta non é máis que cidade cun pequeno territorio adxacente. Dende inicios do século XII comeza a disgregación do reino de Galicia coa independencia de Portugal, a configuración dunha entidade territorial en León e a separación, en 1157, de Galicia e León e Castela e Toledo, reino que fora incorporado a Galicia en 1085.
A sustitución do poder visigodo polo musulmán en Hispania a partir de 711 non implicou a ocupación islámica de Galicia, pois a aristocracia desta provincia vitiziana sería, xunto coa narbonense, a que solicitou a intervención dos musulmáns no territorio peninsular, coa finalidade de derrotar aos partidarios de Rodrigo no reino de Toledo. Neste espazo do noroeste peninsular, vinculado vasalaticamente ao emirato cordobés, configúrase, dende finais do século VIII, un proxecto de poder centralizador, cun rei á cabeza, apoiado polo episcopado galego, enfrontado á poderosa aristocracia territorial laica da Galicia lucense e bracarense. A creación dunha corte real en Oviedo a finais do século VIII sería unha tarefa apoiada por esta aristocracia eclesiástica, elixindo precisamente Oviedo por tratarse dunha zona libre de señorío, tanto de grandes señores laicos coma de mosteiros. O enfrontamento entre a aristocracia laica e o episcopado, entre os poderes territoriais e os partidarios dunha monarquía, é unha constante neste período do reino de Galicia, e nesta dinámica hai que entender as disputas dinásticas e os cambios na relación política con Córdoba.
No espazo galego mantéñense no século VIII as estruturas básicas de encadramento da poboación herdadas da época romana e do reino suevo, as dioceses e sedes episcopais, os territorios señoriais e o monacato, e non se producen despoboacións de territorios, nin sequera coas incursións normandas de finais do século IX.
…
Estas orixes do reino galego no século VIII foron explicadas pola historiografía tradicionalista española como o resultado da conformación dun núcleo de resistencia nas montañas astures composto por cristiáns que derrotan aos musulmáns na batalla de Covadonga en 718 ou 722, acaudillados por don Pelayo e que, dende alí, vai ocupando territorios.
Na actualidade, a propia historiografía española reduce a importancia da suposta batalla de Covadonga, considerándoa mera escaramuza musulmá no norte, e nega a historicidade de Paio como rei ou caudillo, pois a Crónica Mozárabe, escrita en 754, non o cita a el nin á batalla de Covadonga, atribuíndo a súa invención a mozárabes emigrados de al-Andalus na segunda metade do século IX, autores da Crónica de Afonso III.
Paio sería un nobre territorial máis de Galicia que, na zona de Asturias, decide afirmar a súa autonomía e ampliar os seus dominios, o que o leva ao choque con al-Andalus e con outros señores. A preponderancia nas crónicas concedida a Paio e aos señores territoriais do século VIII na zona asturiana (considerados reis pola historiografía española) sobre os señores galaicos, explícase no marco da elaboración, en tempos de Afonso III (866 – 910), dunha ideoloxía lexitimadora dun poder monárquico, (que finalmente frutificaría con dous estados, o de Portugal e o de España enfrontados entre si polo control da península ibérica)
…
En tempos de Afonso III (866 – 910) extende a autoridade real ata o río Mondego, coa restauración de Coimbra, mantendo a aristocracia local o seu poder. Santiago consolídase como centro de poder eclesiástico, coa consagración da catedral en 899.
BIBLIOGRAFÍA
- MARTÍN, J. L.; La España medieval. Historia 16.
- LÓPEZ CARREIRA, A.; O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra.
- LÓPEZ TEIXEIRA, X. A.; Arredor da conformación do Reino de Galicia. 711 – 910. Toxosoutos.
Publicado por Paula Verao: http://estudarhistoriapolaunedengaliza.b
Autoria e outros dados (tags, etc)
LAMADARCOS de João antonio aires; mestura de versos con AROU … (II)
Segundo poema de João Antonio Aires de Lamadarcos,
seguindo a achega feita por O Xico de Mandin;
unha mestura de sensibilidades mandilexas e lamadarquesas,
de versos e de AROU:
…
13 O que aumentou Lamadarcos
Eu nem esperava acordar
Para ver as pessoas a diminuir
E as casas a aumentar.
14 De quando eu era rapaz
Isto lhe posso contar andavam
Por aqui alguns pobres manhosos
A pedir, mas nem era de admirar
Agora se torna mais escandaloso
Ver tantos ricos roubar.
15 Tinham dois carros de bois
mas náo tinham automóvel nem tractor
nesse tempo procuravam para casar
a filha do lavrador.
16 Por andar ao sol e á chuva
E castigado com o trabalho
Não tinha tempo de pintar
Pois o lavio estava sempre da mesma cor.
17 Quando eu era rapaz
Não havia lixo, nem lixeira
Não conhecíamos os iogurtes
Nem era preciso barrar o pão com manteiga.
18 Naquele tempo não havia prendas de natal
Para o mais velho nem para o mais novo
Nem no dia que faziam anos
Estragavam os dentes para comer o bolo.
19 Tal era a prenda ou brinquedo
Do Pai e do Avô como a dos Padrinhos
Nem se punha o sapato na chaminé
Pois quase todos andávamos descalçadinhos
20 Com duas fontes de mergulho
Lamadarcos se govemava
Se cada um gastásse um litro de água a lavar os pés
Para a casa já Ihe faltava.
21 Em Lamadarcos colhia-se
Azeite e vinho que fazia a gente animar
Hoje a azeitona fica na oliveira
e muitas uvas sem vindimár
22 Na era de 1931 e 32 começa
A vida a melhorar pois
Foi-se buscar mais água á varinha e ás carvalhas
E já havia água até sobrar.
23 Hoje que já á mais água
Das carvalhas e dos minhotos
Falta a água a muita gente
E é desperdicada por marotos.
24 Há gente que gosta muito de flores
Á volta das suas casas
Porque é só abrir a tomeira
E não custa nada regá-las.
Joao antonio aires
Autoria e outros dados (tags, etc)
OS SEGADORES: cando van, van como rosas; cando veñen, como negros (Rosalía de Castro)
O sistema produtivo da fegresía non era suficiente de abondo para dar de comer a todos; por iso sempre nos vimos avocados a buscar noutros lados un complemento económico que satisfacera as nosas necesidades básicas. Entre eses complementos estaban, ademais do oficio de contrabandista, o oficio de SEGADOR.
Unha das emigración por excelencia dende tempos inmemoriais foi a dos segadores; moitos dende maio a xulho ían a facer algúns cartos os “campos de castilla”.
“A alma ía con eles e tristemente abandonaban a “terriña” por necesidade duns cantos “cuartiños” que remediaran algunha débeda, os atrasos da contribución ou a necesidade de mercaren un terreo co que ensanchar a eira que rodea a casa.”
“Una hogaza de pan de centeno con algunos torreznos por entrañas, alguna camisa de estopilla y acaso tan mal otra prenda de vestuario dentro del consabido zurrón de lienzo y por fuera un mal sombrero portugués, chaqueta, pantalón y chaleco de la misma tela que la camisa y unos zuecos o zapatos con suela de madera componen el atavío de un gallego que va a la siega ... debe añadirle el garrote de que suspende su tasado equipaje, la hoz símbolo de su oficio...”. Gil y Carrasco, “El Segador”, publicado en Los Españoles pintados por si mismos (Madrid, 1843)
Os cartos así obtidos axudaban a incrementar o PIB da aldea, beneficiando a toda a comunidade, entre eles aos Ferreiro parte indispensable para o oficio de segador: había que procurar a fouce, o gadaño, os dedís, de cana ou coiro e a pedra de aguzar. O Ferreiro tinha moito que ver para que a ferramenta estivera en condicións; así desde Benito Alonso “o Ferreiro” (relacionado no catastro da Ensenada 1753, que xunto con Manuel Alonso, tenente alguacil de Albarellos, levaron o apelido Alonso a Mandin), ate Serafín Yáñez e logo Carlos Salgueiro, ate que a demanda de mao de obra dos anos sesenta procedente de Europa e España acabou con un sistema produtivo do que viviron moitos e moi ben, sen votar mao a un arado.
Así como o contrabando axudaba a manter o grupo familiar, a sega en Castilla tamén formaba parte deste complemento económico, por iso era un orgullo chegar a idade en que podías ser elixido como membro de unha cuadrilla. Nun primeiro momento como atador, logo como media fouce, e finalmente como fouce.
“Cando de xente moza se trataba, facíano salientar orgullosos nos concellos e reunións e invocábano como garantía e servía, algunhas veces, de preferencia ós pais das mozas que cortexeban, para decidirse por un ou outro pretendente.”
Pero do orgulho na feligresía pasábase a humillación no destinho:
“Xurdían incidencias de non boas acollidas, burlas pola condición da súa pobreza no vestir, algúns esfarrapados, chegando nalgúns puntos a seren alcumados de escravos. Grupos había que, rematadas as provisións, poucas en cantidade, para terminar as xornadas e chegar ó final do seu destino, tiñan que implorar a caridade pública.”
O trabalho era de sol a sol durante o tempo que fixera falha porque xeralmente cobraban por trabalho feito. A temporada soia durar 60 días, algúns en anos de pouco trabalho baixaban ate Andalucía andando con unas sandalias de madeira, ultimamente xa ían en camións ou incluso en tren ou “coche de línea”, tempos xa dos últimos segadores (Ovidio, Ignacio, Silverio …)
Realizaban, pola mañá, o almorzo coa toma dunhas sopas de allo ó que engadían, algúns, augardente e pan, ou un gazpacho composto de pan e allo esmagado en aceite e vinagre. Os de Vilardevós, e máis concretamente os de Vilarello de Cota, traballaban “a mantido”, con catro comidas a base de touciño e carneiro, correndo o viño “a papo cheo” e nalgúns lugares, segundo a maior ou menor esplendidez dos administradores ou patróns, durante o traballo “dáseles pan o vino con abundancia, con el fin de estimarles el trabajo, que, a fuerza de ser duro y continuado, apenas hace mella en aquellos cuerpos de hierro” Lisardo Barreiro.
Os veráns eran dunha dureza sen paliativos. Días de madrugar antes do amencer. Ás catro ou ás cinco da mañá, á unha ou ás dúas na época de carrexo, para traballar durante todo o día, salvo un par de horas para a comida e a sesta, concluír ás dez ou ás once da noite. Cheos de cansazo, faltos de sono, mantíñanse como podían. Sol e falta de auga eran os dous castigos que tiñan que sufri-los segadores sen poder remedialo.
Raro, por non dicir ningún, era o que contraía matrimonio en Castela. Algúns quedaban por aquelas terras, pero en calidade de criados.
“Desde el desfiladero de Pancorbo hasta Despeñaperros, no hay un solo labriego que no esté absolutamente persuadido de que nadie remediará sus infortunios y de que sus únicos derechos son obedecer, pagar, sufrir y callar, porque sino le afusilan”8. 8 Senador, J.: Castilla en escombros. Las leyes, las tierras, el trigo y el hambre. Ámbito Ediciones, Salamanca, Diputación de Palencia, 1993, pp. 129-30. (A 1ª edición é de 1915).
“En siete días del mes de Agosto murió en el Hospital de la Cruz Domingo González marido de Josepha de Proberos era natural del lugar de Luján feligresia de Sta. Regina obispado de Lugo recivió los Santos Sacramentos no testó por ser pobre mando que del dinero que había ganado en la siega se le dijesen ocho misas…”.
“En onze días del mes de Enero de este presente año se enterro en esta iglesia de Santa María del Castillo de Cuenca de Campos un mozo de edad de diez y seis años pobre en el ospital, llamado Gregorio dixo ser de la Raya del reyno de Galicia y no le entendimos el apellido ni el lugar, estuvo siriviendo en Villavarros con Fernando Ceynos el año pasado esto lo pongo por si viene alguna persona preguntando por dicho Gregorio y en fee de ello lo firme fecha ut supra dicha y recivio todos los Sacramentos de confesion Communion y extremauncion”.
http://www.consellodacultura.org/mediate
Galicia e a sega en Castela ó longo dos tempos
Segadores GALLEGOS en Castilla, esclavos de sol a sol' (HD) BERCIAL Y MAMBLAS 2001
http://www.youtube.com/watch?feature=pla
Autoria e outros dados (tags, etc)
SAGRARIO PORTÁTIL DE MANDIN (s.XVII?)
SAGRARIO PORTÁTIL DE MANDIN
Castiñeiro tallado e policromado
37 x 36,6 x 36 cm
EDITA: Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
TEXTO: Ana María Veiga Romero.
FOTOGRAFÍA: Fernando del Río.
"A esta tradición decorativa responde este sagrario portátil, destinado a presidir o monumento de Xoves Santo, posiblemente utilizado con posterioridade como armario de sancristía, para gardar os santos óleos ou velas . Comprado en Mandín (Verín), ingresa no Museo en 1972.
Polo tipo de madeira en que está realizado cremos que é obra de un carpinteiro local ou do norte de Portugal.
As súas mans, non moi destras, tentaron, con escaso éxito, reproducir un dos debuxos que aparece no tratado sobre carpintería do blanco de López de Arenas titulado Breve compendio de la carpintería de lo blanco, y tratado de alarifes, con la conclusión de la regla de Nicolás Tartaglia, y otras cosas tocantes a la geometría y puntas del compás, publicado por primeira vez en Sevilla en 1633"
http://www.musarqourense.xunta.es/wp-con
Autoria e outros dados (tags, etc)
IDEIAS SOBRE A ORIGEM DE MANDIM (SEM NENHUMA BASE séria, antes bem um enredo)
Dizem que a ignorância é muito atrevida, neste caso eu sou consciente do atrevimento, pois o que tento com as ideias que exponho a seguir talvez seja uma reflexão em voz alta a respeito do que muitos de nós pensamos e, por vezes, temos falado no café ou na tasca.
Já tenho ouvido em várias ocasiões que o núcleo primitivo de Mandim é o do Canto dos Galegos. Eu discordo e digo, como alguns outros, que talvez seja no Castelo, onde os nossos ancestrais castrejos se assentaram, aproveitando o pequeno outeiro que dava proteção das animálias e dos povoados vizinhos, nas suas lutas pela sobrevivência em tempos de escassez.
Por outro lado, talvez o assentamento não estivesse no cume do outeiro. Ora, mesmo estando, ele estaria virado para a queda norte do outeiro, para se defender do vento, olhando para o regueiro que o abasteceria de água, deixando as terras melhores para a cultivo, e salvaguardado das cheias do inverno.
Mais um elemento importante poderia ser a implantação da atual igreja, que talvez seja uma melhora daquela que pôde existir em volta do século X, que por sua vez se superpunha no lugar onde eram localizados os santuários dos castrejos e depois dos priscilianistas (primitivos cristãos ainda influenciados pelas crenças primitivas, martirizados e perseguidos até a exterminação tanto fisicamente quanto da sua ensinança e práticas, sendo que o túmulo de Santiago na verdade poderia ser o de Prisciliano). De qualquer forma, isso também pode ser considerada uma autêntica loucura, pelo qual peço desculpa aos historiadores.
Mais um elemento poderia vir a ser o caminho de entrada e saída de Mandim, vindo de Tamaguelos. O caminho seria pelo Alto do Lugar, passaria pelas Corriças, cruzaria o Regueiro, subiria ao Castelo e seguiria para Lamadarcos. Por tudo isso, acho que o atual caminho ao Peto e ao Fundo do Lugar foi muito posterior, talvez com a chegada dos Gomez de Sabucedo e, posteriormente, os Árias (Aires de Lamadarcos) que foram os que repovoaram o Peto e o Fundo do Lugar.
vista norte casco antiguo
No que se dí respeito ao Canto dos Galegos, eu entendo que deve ter sido o assentamento do fidalgo Tirso Galego e os seus irmãos, vindos de Osoño o redor do ano 1690. Eles encheram Mandim do apelido Galego, até essa altura inexistente. Será fácil perceber que uma família com meios (traziam o título de fidalgo, isentos de pagarem impostos, talvez pelo benefício do Caminho de Santiago) tenha feito o assentamento num espaço amplo e bem localizado, coisa que no Castelo não havia. Por isso, tiveram de dar o pulo para o Regueiro, e no espaço que vai do antigo Forno dos Garcia até a casa do Salgueiro fariam todo um conjunto, com airas incorporadas (as do canto dos atuais Garcia e as do lado do Forno, além das Corriças, que talvez tenham a ver com a guarda das castanhas), defendido pela altura, mas necessitados de novas terras en direçao a Forja.
Neste exercício de imaginação cabe também a Mirgadeira, mina de água que penso fosse utilizada muito no verão pois nunca secava, a contrário do volume do Regueiro que no verão seria muito reduzido.
canto dos galegos e canella das hortas
Vêm à minha mente também os distintos fornos que havía em Mandim, cada bairro tinha o seu: o do tio Fueco do Castelo, o dos Garcias das Corriças, o da Tia Pita no Alto Lugar. Será preciso pesquisar mais neste assunto pois também nos poderá dar as chaves do desenvolvimento de Mandim.
corrizas e forno, mais a mirghadeira
Voltando ao Canto dos Galegos, são de salientar a construção de determinados muros que acreditam capacidade económica certa dos empreendedores. Posteriormente, esses muros foram utilizados para a construção da adegas, como a do tio Campanillas, ou do tio Salgueiro. Desta maneira os primeiros assentamentod dos galegos foram reutilizadas, quer dividíndo-as, quer construíndo anexos de ampliação para futuros descendentes, medrando assim o canto por fora dos muros iniciais.
Autoria e outros dados (tags, etc)
MUINHOS DA FELIGRESIA DE MANDIN
Transcrición do interrogatorio do Catastro da Ensenada 1753
“Y en la Feligresia de Mandin un molino de dos ruedas vajo un techo que se llama da ABEA de Canles y piedras negras muelen de verano con agual del rio tamega. Es de Don Francisco Rodriguez, presbitero, benito martines y domingo pousada y consortes y lo cargan a D.Francisco Rodriguez como maior parcionero y le rentuan de utilidad cada año en cincuenta ferrados de pan centeno poque no muelen de invierno por la mucha abundancia de agua que de ellos concurre a dinero ymportan ciento y cincuenta relaes de vellon
.
Foto de Francisco Javier Garcia (meu primo)
Uno llamado da RIVEIRA DO CUBO y piedra negra muele de invierno con algua del rio da riveira es de D.Pedro de Castro, ynsolidum y regulan de utilidad cada año en veinte y cinco ferrados de centeno que al precio regulado importan setenta y cinco reales de vellon.
Otro de mismo nonbre de CUBO y piedra negra muele de invierno con agua del rio da riveira, es de D.Bernandro rodriguez, presbitero ynsolidum y le regulan de utilidad en veinticinco ferrados de centeno que al precio regulado importan setenta y cinco reales de vellon”
























